Site icon Crónica3.com A Mariña

O Valadouro programa unha Lectura dramatizada de textos de Luísa Villalta, homenaxeada este ano 2024 no Día das Letras Galegas

Este acto será levado o mesmo venres a escea por Trémola Teatro a partires das 20:00 horas na Casa da Cultura. De seguido no mesmo escenario, será o momento do recital “Cantando as nosas letras” a cargo do cantautor Xoán Curiel con poemas e cantigas musicados de autores/as homenaxeados/as nas Letras Galegas como a propia Luísa Villalta, Antonio Fraguas, Carvalho Calero, Xela Arias ou Florencio Delgado Gurriarán. Tamén están presentes outras/os autoras/es das nosas letras como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Alfonso X e trobadores da lírica medieval galego portuguesa.

Exit mobile version