O Vicedo, 22 de maio, 2024. A Asoc. Cultural Volta e Dálle comeza as actividades culturais deste ano programando para o vindeiro o día 25 o Sábado das Letras no Teatro das cortes en Cabanas.
Proxeccións, poesía e música ao vivo para todos os públicos. Todas as actividades serán de balde.
Ás 18:00h.
Proxección do vídeo sobre as mulleres das Irmandades da Fala en 191, ‘Irmás na fala’ de Micaela Chao Maciñeira.
Ás 19: 00h
Recital aberto ao público conducido pola actriz Pepa Yañez, no que participará quen queira do público con un poema, un texto libre, ou un retrinco teatral.
Ás 20: 00h
Concerto do grupo Catro nun zoco, formado por Navia Rivas, Iria Rivas, Mariña Quintillán e Xosé Luís Rivas Cruz (Mini). Catro nun zoco é un grupo de música tradicional creado recentemente, pero con xente que ten moi longa traxectoria musical e que teñen pasado por grupos como Fuxan os Ventos ou A Quenlla entre outros.