José Tomé Roca reuniuse hoxe en Monforte co persoal que atende a oficina móbil do programa Acelera PEMES, que inicia unha segunda rolda de visitas durante a que fará diferentes paradas ata o 20 de xuño en máis de 50 concellos
O mandatario provincial reuniuse co persoal que se está a encargar de ofrecer o asesoramento nesta unidade móbil, ubicada no día de hoxe nas Casitas da Compañía, e destacou que se trata da segunda rolda de visitas que desenvolve esta iniciativa, durante a que 7 axentes dixitais farán diferentes paradas ata o vindeiro 20 de xuño en máis de 50 concellos.
“As experiencias que estamos tendo son moi positivas, sobre todo naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes, onde estamos focalizando máis os esforzos, ao ser onde detectamos que é máis necesario”, subliñou José Tomé.
O Presidente lembrou que desde que se puxo en marcha este programa, o pasado 13 de setembro, a Deputación asesorou xa a máis de 1.750 empresas e atendeu 4.000 consultas, “o que pon de manifesto o grande interese que está a xerar para as pequenas e medianas empresas que traballan na provincia. Estamos a cumprir coas expectativas que nos propuxemos co lanzamento deste programa, co que as empresas gañan en competitividade, en produtividade e en eficiencia, e tamén é moi útil para que abran novas oportunidades de negocio”, sinalou o mandatario provincial. Con esta iniciativa, “estamos a reforzar o apoio ao tecido produtivo como un factor esencial para fixar poboación no rural”, recalcou José Tomé.
Nestes encontros coas empresas os axentes estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. Por exemplo, axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios.
O Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% procede da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e o 20% da propia Deputación de Lugo.
Próximas paradas da oficina móbil
A oficina móbil do Acelera PEMES arrancou esta segunda volta pola provincia a pasada semana nos concellos do Valadouro, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova, Meira e Pol. Ademais de Monforte de Lemos, hoxe tamén pasou por Sober, e pola tarde estará en Bóveda. As próximas datas e municipios que percorrerá ata o vindeiro 20 de xuño son os seguintes:
Martes, 7 de maio:
Negueira de Muñiz -10.30 horas
A Fonsagrada – 12.30 horas
Ribeira de Piquín – 16.00 horas
Baleira – 17.30 horas
Mércores, 8 de maio:
Láncara-10.30 horas
O Páramo– 12.30 horas
O Corgo– 16.00 horas
Luns, 13 de maio:
Carballedo -10.30 horas
Chantada– 12.30 horas
Taboada– 16.00 horas
Martes, 14 de maio:
Cospeito – 10.30 horas
A Pastoriza – 12.30 horas
Abadín – 16.00 horas
Xoves, 16 de maio:
Alfoz – 10.30 horas
Foz – 12.30 horas
Trabada – 16.00 horas
Luns, 20 de maio:
O Vicedo – 10.30 horas
Viveiro – 12.30 horas
Xove – 16.00 horas
Ourol – 17.30 horas
Martes, 21 de maio:
O Incio -10.30 horas
Samos – 12.30 horas
Triacastela – 16.00 horas
Xoves, 23 de maio:
Pedrafita do Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30 horas
Cervantes – 16.00 horas
Luns, 27 de maio:
Begonte – 10.30 horas
Guitiriz – 12.30 horas
Friol – 16.00 horas
Mércores, 29 de maio:
Navia de Suarna – 10.30 horas
Becerreá – 12.30 horas
Baralla – 16.00 horas
Castroverde – 17.30 horas
Luns, 3 de xuño:
Ribas de Sil – 10.30 horas
Quiroga – 12.30 horas
Folgoso do Courel – 16.00 horas
Martes, 4 de xuño:
Barreiros– 10.30 horas
Ribadeo -12.30 horas
Castro de Rei – 16.00 horas
Xoves, 20 de xuño:
Guntín – 10.30 horas
Portomarín – 12.30 horas