Antonio Ameijide cualifica de “preocupante” que un municipio de máis de 15.000 habitantes leve tres meses sen este servizo “esencial para garantir a seguridade e a concesión de permisos”, sobre todo ás portas do verán, época na que Viveiro multiplica a súa poboación
O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que se preguntará ao goberno provincial “que fixeron nestes tres meses” logo de que dende o Concello de Viveiro solicitase axuda á Deputación de Lugo para que instruíse o procedemento informativo para esclarecer o problema na Policía Local de Viveiro.
O voceiro popular explica que nin a Deputación nin o Concello de Viveiro deron, ata agora, “as explicacións oportunas” sobre que fixeron neste caso para tentar solucionar o problema. “O único que se sabe é que anunciaron a través dos medios de comunicación que nun período breve de tempo nomearían instrutor para o procedemento”, afirmou.
Antonio Ameijide cre que “tres meses son tempo máis que suficiente para atender á solicitude dun concello” sobre todo cando unha das principais funcións dunha Deputación “é prestar servizo aos concellos”.
O Grupo Provincial Popular preguntará no pleno ao goberno de José Tomé que fixeron para prestar a axuda solicitada polo Concello de Viveiro.