Dende o PP de Barreiros explican que os pais e nais dos escolares están preocupados porque “non saben se o valado aguantará moito tempo máis o peso da árbore” e “é un perigo para os nenos que xogan no recinto” sen esquecer que xusto aí hai un composteiro no que se deposita materia orgánica para xerar abono polo que “deberían de vallar a zona mentres non se retire a árbore”
O voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, insta á alcaldesa a “dar a orde de retirala de inmediato” xa que “a seguridade dos rapaces do colexio ten que ser o primeiro”. “Unha orde que debería de terse dado dende o momento no que caeu xa que a parcela na que estaba a propia árbore é de titularidade municipal”, ao que engade que “esa parcela está chea de maleza e non se preocupan por limpala”.
José Manuel Gómez Puente explica que a preocupación entre os pais e nais dos nenos que van ao colexio crece co paso dos días “porque non se sabe se o valado aguantará moito tempo máis o peso da árbore”. Ademais, nese punto hai un composteiro no que se deposita materia orgánica para xerar abono, polo que “debería de vallarse a zona mentres non se retire a árbore para evitar calquera risco”.
Para o popular estamos ante “unha nova mostra” da “despreocupación e a falta de traballo” da alcaldesa e o seu equipo de goberno que tamén se pode ver reflectido na falta de dilixencia para ter limpas as fincas de titularidade do concello.