Un dominante Pescados Rubén lévase outros tres puntos nesta recta final da competición, con hat-trick de Antía Pérez e a pesar das tres baixas importantes
Comeza o partido con bo xogo de balón nos primeiros minutos por parte de ambos conxuntos, nótanse as horas temperás e o encontro vaise quentando a medida que pasa o tempo. Sen grandes oportunidades ata o minuto 7 no que Antía Pérez anota o primeiro nun rexeite tras un disparo de Cilene que detén Pitu. Continúa dominando o xogo de balón, e no minuto 13 Antía Pérez tira ao pau e segundos despois, tras o saque de esquina, a xogadora viguesa volve tentalo cun disparo que detén Pitu pero Irene Samper aproveita o rexeite e consegue o 2-0. No minuto 16 Patricia anota o 3-0 axustando ben o disparo desde a banda ante a saída da porteira do conxunto Madrileño. No último minuto a sexta falta para o Móstoles provoca un tiro de dobre penalti que lanza Antía Pérez e métea cun disparo raso. Chega e descanso 4-0 no marcador.
Na segunda parte continúa o dominio do Burela pero con poucas ocasións en ambas as porterías. Sae Ester no minuto 27, porteira xuvenil da base do CD Burela FS. Paradón de Ester nun man a man ante Alicia Benete no minuto 31 e no mesmo minuto o conxunto madrileño comete a 5ª falta. No 33 chega o quinto gol do equipo local cun sombreiro de Patricia a Ari marcando a pracer. Comezan a apertar as de Patri Chamorro con xogo de 5 con Patry de porteira-xogadora e chega o gol no minuto 35, un golazo a distancia pola escuadra de Alicia Benete. No minuto 36 dobre penalti para o Burela tras a sexta falta do conxunto local, lanza Antía Pérez pero Ari desvíaa á banda cunha boísima parada co pé. No 38 Inma cóalla a Ester conseguindo o 5-2 cun disparo de Inma tras unha diagonal presionando con porteira-xogadora. Pero no minuto 39 unha enchufadísima Antía Pérez mete o terceiro cun lanzamento longo a portería baleira. No minuto 40 Inma consegue o terceiro cun lanzamento desde fóra da área e a 8 décimas da bucina Patry mete o cuarto pola escuadra.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 6-4 MRB Móstoles FSF
Pescados Rubén Burela FS (6): Ana Eliza; Dany, Irene Samper, Rafinha, Noelia Montoro – cinco inicial-, Antía Pérez, Patricia, Cilene, Cris Blanco, Ester. Entrenador: Julio Delgado.
MRB Móstoles FSF (4): Pitu; Patry, Inma, Claudia, Clau -cinco inicial-, Rivera, Benete, Celia, Silvia Carral, Ari. Entrenadora: Patri Chamorro.
Goles: 1-0, min.7: Antía Pérez. 2-0, min.13: Irene Samper. 3-0, min.16: Patricia. 4-0, min.20: Antía Pérez. 5-0, min.33: Patricia. 5-1, min.35: Alicia Benete. 5-2, min.38: Inma. 6-2, min.39: Antía Pérez. 6-3, min.40: Inma. 6-4, min.40: Patry.
Árbitros: Mayra Camila Araujo, Javier Menéndez Mistal, David Kumor Otero, Héctor Pérez Álvarez.
TA: Celia, Benete, Inma.