Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS “remata” con +3 a liga regular nun moi competido derbi (2-1)

Nunha Tarde Laranxa con final de liga e inicio de Playoffs, as Guerreiras Laranxas superan ao Viaxes Amarelle que xa estaba sentenciado ao descenso tras a vitoria do Marín

Burela, 25 de maio, 2024. Ás 18.30h desta tarde, no pavillón municipal Vista Alegre, de Burela, disputábase o último partido da liga regular de Primeira División Iberdrola, o derbi galego da a xornada 30, Pescados Rubén Burela FS – Viaxes Amarelle FSF, cun resultado final 2-1. Nunha Tarde Laranxa cun Vista Alegre a rebordar e con gran presenza da afección do conxunto rival, ao rededor de 700 espectadores, entre eles o responsable da sección feminina da RFEF e Vicepresidente da RFGF, Pablo Prieto. Nun encontro competido pero con claro dominio das locais, as coruñesas tentaron remontar o partido en todo momento sen perder nunca a ilusión e a forza dun encontro no que fixeron fronte ás primeiras clasificadas.

Comeza o partido e no minuto 1 Antía tira ao pau case á escuadra, continúa o xogo e no 3 a primeira do conxunto rival, cun disparo de Chuli que detén Ana Eliza. Sucédense as primeiras rotacións e no 6 paradón de Leti a un disparo moi potente de Patricia. No minuto 7 ocasión clarísima de Emilly nun tiro afastado que rebota na cepa do pau e no mesmo minuto chega o primeiro das locais cun disparo de Patricia que fusila á porteira tras un rexeite dun disparo de Emilly. No minuto 11 outro paradón de Leti Rojo frea o segundo das de Julio Delgado, que continúan presionando, buscando unha vantaxe que as leve ao descanso con máis tranquilidade, no mesmo minuto volve Leti a desviar un disparo de Antía Pérez. No minuto 13 Irene Samper xera dobre ocasión con dobre parada de Leti Rojo a dous disparos similares desde a liña da área. Pouco despois Patricia case se come á porteira do conxunto coruñés que detén o intento de puntuar. A tres minutos do fin do primeiro tempo uno dos paradones de Ana Eliza a un disparo frontal e con poucas ocasións máis remátase a primeira parte.

Na segunda parte sae á portería Caridad, tras dous meses de baixa. Poucas ocasións nos primeiros minutos, unha clara de Antía Pérez que tira ao pau no minuto 25 e triplo paradón de Leti no mesmo minuto. No 32 Dany case anota o segundo nunha moi boa transición na que chega a portería case soa ante a porteira que detén o disparo. Un minuto despois Rafinha lanzaa fóra rozando o segundo pau. No minuto 35 Piru comeza a presionar con xogo de 5 sacando a Lau Doce de porteira xogadora. No 37, presionando de 5, Lau Doce case empata pero Caridad detena cun paradón espectacular, lanza a portería baleira e anota o 2-0. Un minuto despois Èlia consegue o 2-1 rematando a pracer unha diagonal de Lau Doce e sentenciando o último partido da liga regular para ambos os conxuntos.

Remata a liga regular, o conxunto visitante, sentenciado ao descenso tras a vitoria do Marín, pode volver á casa coa cabeza ben alta. Doutra banda as nosas Guerreiras Laranxas comezarán a fin de semana que vén a fase de Playoff polo Título coa primeira semifinal, en casa, xogando co factor cancha, noutro derbi, o clásico derbi Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS. Un encontro que se disputará en plenas Festas Patronais de Burela que esperamos continúen no pavillón Vista Alegre ás 18.00h.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 2-1 Viaxes Amarelle FSF

Pescados Rubén Burela FS (2): Ana Eliza; Dany, Cilene, Antía Pérez, Noelia Montoro – cinco inicial-, Emilly, Irene Samper, Patricia, Rafinha, Cris Blanco, Caridad. Entrenador: Julio Delgado.

Viaxes Amarelle FSF (1): Leti Rojo; Èlia, Lau Doce, Estelita, Chuli -cinco inicial-, Lobo, Cris, Carol, Carlita, Pau, Dupuy. Entrenador: Raúl Castro “Piru”.

Goles: 1-0, min.7: Patricia. 2-0, min.37: Caridad. 2-1, min.38: Èlia.

Árbitros: Roberto Amor, Pablo Enrique Guntín, Ólivier Cardero, Berta García.

TA: Antía Pérez, Laura Doce, Chuli.

Exit mobile version