Viveiro, 9 de maio de 2024. A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, lembra que só no último ano se investiron 23.000 euros en diferentes traballos de acondicionamento e mantemento no paseo fluvial.
Entre os traballos realizados, houbo reparacións de carpintería, desbroces e podas. “Estamos mantendo este espazo da mellor maneira posible cos recursos contidos que temos para a gran superficie que supón”.
A Tenencia de Alcaldía de Viveiro anuncia “unha actuación para a instalación de auga no paseo fluvial para poder baldear a tarima e quitarlle o verdín que lle fai podrecer”. Unha vez realizada esta actuación de baldeo, valorarase se procede a instalación dunha malla especial que ofrece maior agarre evitando os esvaramentos.
“O que ocorre é que temos un paseo construído no 2001, fai 23 anos, nos que o mantemento realizado foi insuficiente”, advirte Míriam Bermúdez, “e o estado da pasarela fai que nos plantexemos a retirada de polo menos unha parte, estamos asesorándonos con especialistas para ver a mellor solución e como resolver o firme unha vez retirada”.