Neste acto participarán os ex deputados Vidal Martínez-Sierra López, Carlos Fernando Branco Parga e Ismael Rego González.
As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que o alumnado poida coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.
Os/as exparlamentarios/as explican as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan ás preguntas do público asistente. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.