Site icon Crónica3.com A Mariña

O Oviedo organiza unha cata con algúns dos produtores artesáns galegos máis recoñecidos

O restaurante ribadense continúa a súa programación de actividades apostando polo produto galego de calidade

Ribadeo, 7 de maio, 2024. O próximo 10 de maio o restaurante O Oviedo (Ribadeo) retoma a súa programación de actividades e farao da man de dúas dos produtores alimentarios máis recoñecidos e premiados de Galicia.

Baixo o título de ‘Te Vamos a Dar la Lata con Queso’, o equipo do restaurante organizou unha sesión única, con prazas limitadas, que terá lugar ás 20:30 horas. Ese día, contarán con representantes da quesería Airas Moniz (Chantada) e Os Peperetes (Carril) para dirixir unha cata dos seus produtos.

Tanto a pequena conserveira como a quesería lucense forman parte de Xuntos Saborea Galicia, unha asociación de artesáns alimentarios de calidade que busca promover o coñecemento do traballo de pequenos produtores galegos que teñen no coidado da elaboración e das materias primas o seu principal sinal de identidade.

Airas Moniz é a quesería galega -e unha das españolas- máis premiada dos últimos anos. Considerada en varias ocasións como a produtora do mellor queixo de España e recoñecida con diversas medallas de Ouro e Super-Ouro (o recoñecemento aos mellores queixos do mundo) nos World Cheese Awards, considerador os Óscar do mundo quesero, os seus galardóns máis recentes son o Premio Picado á produción artesá e o premio ao mellor queixo azul de España, Savel, que poderá probarse na cata de Ribadeo.

Os Peperetes, pola súa banda, recibiu en decembro de 2023 o premio á mellor conserva do mundo, para as súas navallas ao allo, no principal certame do sector, no que tres das súas elaboracións colocáronse entre as dez mellores do ámbito internacional.

Os asistentes a esta xornada de degustación poderán coñecer os detalles dalgúns dos produtos da man das súas elaboradores e, ademais de catalos, terán a ocasión de compartir con eles reflexións, dúbidas e charla.

Exit mobile version