Un evento deportivo que este sábado, día 25 de maio, reunirá en Viveiro a 138 deportistas acompañados de 35 adestradores, procedentes de 11 entidades das catro provincias galegas.
Participaron na rolda de prensa Jesús Fernández, segundo tenente de alcaldesa de Viveiro; Manuel Otero Méndez, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta; Eladio Fernández Pérez, presidente de Special Olympics Galicia; e por parte da asociación Aspanane María Dolores Fernández Pérez, a súa presidenta, e María Elena Santos Cociña, directora xerente.
“Para o Concello de Viveiro é unha honra acoller o sábado e colaborar con esta proba de Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do Deporte e do Ocio, coa colaboración tamén de Fademga e da asociación Aspanane”, asegurou Fernández.
“Colaborar con esta proba é un paso máis na nosa aposta polo deporte e a inclusión, con numerosas iniciativas agrupadas baixo o paraugas de ‘Viveiro Inclúe’”, engadiu.