Foz, 27 de maio, 2024. O IES de Foz participou na I Feira de Educación e Emprego de Lugo, organizada polo Pazo de Feiras e Congresos e coorganizada pola Xunta.
17 centros educativos da provincia se deron cita para expoñer a súa oferta educativa, entre eles, o IES de Foz que acudiu coa furgoneta Kahvevan onde os asistentes puideron degustar café de especialidade, torrado por ex alumnos do instituto que traballan en Coffee Urban, Viveiro.
As dúas xornadas foron un éxito pola grande afluencia de xente, unhas 3500 persoas . O venres, o Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias e a Xefa Territorial de Educación, Sagrario Sánchez visitaron o stand do IES de Foz e aproveitaron para coñecer a súa oferta formativa e degustar un café.