“Dentro da iniciativa Cidades Amigas da Infancia, Viveiro aposta pola participación infantil e xuvenil co obxectivo de ter en conta as súas opinións, necesidades e prioridades”, asegura a alcaldesa, María Loureiro
As charlas tiveron o obxectivo de dar a coñecer a súa experiencia e animaron aos nenos e nenas a participar integrándose no Grupo Infantil, no que unha persoa dinamizadora os guiará e acompañará mediante xogos, dinámicas e saídas que se organicen e decidan, sempre a proposta ou por iniciativa dos propios participantes.
“Dentro da iniciativa Cidades Amigas da Infancia, Viveiro, como cidade candidata, aposta pola participación infantil e xuvenil co obxectivo de ter en conta as súas opinións, necesidades e prioridades na vida pública municipal”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Dende setembro do 2021 funciona o Grupo Municipal de Participación Xuvenil, integrado por arredor de 12 mozas e mozos e estase traballando na ampliación da iniciativa á poboación infantil, polo que convídase ás familias a ampliar a información sobre o programa, resolvendo dúbidas no mail informacion.xuvenil@viveiro.es ou presencialmente no Concello de Viveiro, na Oficina de Información Xuvenil.
Máis información das actividades que realizan no instagram @p.v.x2024