O Día de Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que está dirixido á mocidade de 12 a 35 anos. Tamén conta cun espazo de construcións, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Ao longo da tarde haberá gastronomía saudable, lecer educativo, concienciación ambiental, expresión artística, educación en igualdade de xénero e dinamización do entorno, entre outras actividades.
O Día da Xuventude en Ribadeo concluirá coa actuación de Festra ás 20:30 horas.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anima a picar@s e moz@s “a achegarse ao parque de San Francisco para gozar da ampla programación deseñada para a ocasión pola Xunta de Galicia, que conta coa colaboración do Concello de Ribadeo”.