O responsábel provincial parabenizou ás persoas e ganderías premiadas – maior número de exemplares na feira, mellores exemplares de Pura Raza Galega ou Percherón, cabalo mellor engalanado ou amazonas e xinetes máis novos e máis veteranos- e agradeceu a colaboración de todas as gandeirías que participaron na feira e contribúen a prolongar esta tradición secular, que reflicte o peso da gandeiría, e especialmente do gando cabalar, na Mariña interior.
O apoio ás Quendas, organizadas pola Asociación As San Lucas, encádrase na aposta da área de Rural por visibilizar a importancia da actividade agrogandeira como sector estratéxico na provincia e por promocionar as razas autóctonas e os seus produtos, ademais de valor o pouso cultural e histórico dunha feira gandeira cuxas orixes se remontan ao século XVI.