CORRECTA SINALIZACIÓN DO APARCADOIRO PÚBLICO DAS PEDREIRAS
A primeira das reclamacións dos establecementos comerciais ía encamiñada a por fin ás queixas dos visitantes, no relativo á insuficiente sinalización do aparcadoiro público das #Pedreiras.
Así colocouse nova sinalización vertical na:
– Rúa da Pedra
– Rúa Plácido Peña
– Praza de Santa María (1)
– Praza de Santa María (2)
REFORZO DA SINALIZACIÓN DO SENTIDO DE CIRCULACIÓN OBRIGATORIO EN CORONEL PENA E NA PORTA DE CIMA
Unha medida tamén encamiñada a poñer fin ás queixas e dúbidas dos/as visitantes, no relativo ós sentidos únicos obrigatorios que menos se están a respetar na zona vella.
CORRECTA SINALIZACIÓN DOS ACCESOS AO CENTRO URBANO DENDE A RÚA DA FERRERÍA
Unha demanda (de anos) dos establecementos comerciais e hostaleiros, coa que se lle facilitará a entrada ó centro urbano ós visitantes que acceden a Vilalba dende as autovías.
O ACCESO POLA RÚA GARCÍA MATO PARA O TRÁFICO RODADO PROHIBIDO, AGÁS PARA OS E AS RESIDENTES CON GARAXE
Unha reclamación neste caso máis veciñal que comercial que porá fin aos estacionamentos nesta rúa de dirección única e pouco marxe circulatorio, que tantos problemas estaban a dar ós residentes á hora de poder saír dos seus garaxes.
CORRECTA SINALIZACIÓN DA LIMITACIÓN DO ESTACIONAMENTO QUE CONTEMPLA A ACTUAL FASE PILOTO DE PEONALIZACIÓN DA PRAZA DE SANTA MARÍA
Outra reclamación lóxica dos establecementos comerciais e hostaleiros, tamén, en aras de facer máis sinxelo o cumprimento das novas normas a veciños/as e visitantes, coa colocación de varios paneis informativos nas entradas da praza.