Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela realiza talleres de prevención do consumo de drogas nos centros de secundaria do municipio

Os obradoiros realizáronse co alumnado da ESO do IES O Perdouro e co alumnado de primeiro a terceiro da ESO do IES Montecastelo, e estiveron a cargo da traballadora social da UAD de Burela

Burela, 29 de maio de 2024. O Concello de Burela realizou, ao longo do curso 2023/2024, diversas actividades encamiñadas á prevención do consumo de drogas nos centros de secundaria do municipio.

Os obradoiros foron realizados co alumnado da ESO do IES O Perdouro e co alumnado de primeiro a terceiro da ESO do IES Monte Castelo, e estiveron a cargo da traballadora social da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) de Burela.

En función da idade da rapazada asistente, nos talleres traballáronse dinamicas de prevención fundamentalmente do consumo de tabaco, alcohol, bebidas enerxeticas e/ou cannabis.

Ademais, as actividades incluíron tamén unha colaboración co Proxecto Neo do IES Perdouro, o programa de radio do centro, para a realización dun monográfico sobre o tabaquismo.

O concelleiro responsable das areas de Xuventude, Educación e Drogodependencias, Mario Pillado, destaca “a importancia da prevención na adolescencia para reducir ao máximo posible problemas como o alcolismo, o tabaquismo ou a adicción a calquera tipo de droga na nosa sociedade”.

Exit mobile version