Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela pon en valor o envellecemento activo na última sesión de ximnasia para persoas maiores este curso

A alcaldesa Carmela López celebrou “o éxito desta actividade de ximnasia entre os mozos e mozas de máis de 60 anos”

Burela, 16 de maio de 2024. O Goberno local de Burela estivo presente na última sesión de ximnasia para persoas maiores do Concello deste curso.

A concelleira de Servizos Sociais, Alejandra Fernández Cillero, aproveitou a ocasión para poñer en valor a importancia de “promover o envellecemento activo da poboación a través de iniciativas como esta”.

Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López celebrou “o éxito desta actividade de ximnasia entre os mozos e mozas de máis de 60 anos”.

“Dende o Concello de Burela seguiremos a impulsar as actividades dirixidas a persoas maiores, como esta ou como a Festa da Terceira Xuventude que celebramos recentemente”, engade a rexedora.

Exit mobile version