Esta iniciativa xurdiu unha muller de dito curso que superou un cancro de mama, e permitiu doar coxíns terapéuticos artesanais de xeito solidario ao Hospital Público da Mariña
Nela, a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Fernández, quixo poñer en valor a iniciativa Corazón Solidario, “que xurdiu dunha muller de dito curso que superou un cancro de mama e coa que se conseguiu doar ao Hospital Público da Mariña varios coxíns terapéuticos artesanais realizados de xeito altruísta”.
“As telas foron aportadas por participantes do curso e persoas que as mercaron nas tendas da vila, e o Concello aportou as bolsas feitas na Fundación Eu Son, nas que se entregaron os coxíns terapeúticos ao Hospital”, explicou a concelleira.
“Dende o Concello de Burela apoiamos e seguiremos apoiando todas as iniciativas que, como esta, xurden en favor da nosa comunidade”, concluíu Fernández.