Finaliza así con este concurso que se iniciou en xaneiro, e que tan boa acollida tivo entre os clientes. Chamou moito a atención dende o momento que se puxo en marcha, chegando a triplicar as descargas da App.
Neste mes de Abril os contadores puxéronse de novo a cero e os clientes volveron a votar os que para eles son os seus empregados favoritos, tanto de comercio como de hostalaría.
Na categoría de comercio a gañadora do mes de Abril foi María Jesús Martinez empregada de Carnicería Demetrio e na categoría de hostalaría o gañador foi Rober Cuba do Mesón A Ría.
Emitíronse un total de 3.121 votos repartidos entre tódolos participantes, resultado que reflexa o gran interese que tivo ata o final esta iniciativa.
A participación neste último mes foi de novo moi elevada, polo que a valoración desta iniciativa é moi positiva.
O obxetivo que perseguía este concurso era realizar un recoñecemento a tódolos empregados, polo bo facer e pola atención ó público, algo que moitas veces resulta complicado e eles sempre se arman de paciencia e sacan o seu mellor soriso.
A asociación agradece aos clientes que mes tras mes participaron nesta campaña votando ós seus empregados favoritos, para eles tamén houbo premio e resultaron 4 gañadores de 100€, un por cada mes que estivo en marcha a iniciativa.
Pero sobre todo gracias a todos os empregados que quixeron participar, xa que a participación era voluntaria, e o resultado final foi o recoñecemento ó seu traballo coa gran cantidade de votos emitidos polos clientes.. ese é o mellor premio.