O portavoz nacionalista Daniel García criticou o voto en contra do Partido Popular : “Non lles importa a Mariña. Nin os concellos. Nin as asociacións”
A proposta, aprobada malia o voto en contra do Partido Popular, reclama a Xunta de Galiza unha modificación da normativa para establecer exencións de pagamento no caso de actividades organizadas polos concellos ou polo tecido asociativo.
Na debate plenario, o deputado e portavoz do BNG Daniel García explicou que as taxas supoñen un lastre para as arcas municipais -xa afogadas polas competencias impropias que a Xunta descarga nos concellos –, e tamén para o tecido asociativo da Mariña, que desenvolve un papel fundamental na dinamización social, cultural e económica da comarca.
O responsable nacionalista retratou ao Partido Popular. “Non lles importa a Mariña. Nin os concellos. Nin as asociacións”, concluíu durante o debate plenario, no que deixou clara a viabilidade da medida proposta, referíndose a outros casos nos que a Xunta de Galicia sí estableceu exencións e bonificacións das taxas, como as establecidas en 2022 coincidindo coa escalada de prezos provocada polo crise enerxética e de subministracións tras a pandemia e a guerra en Ucraína.