Presentan sendas mocións en concellos e Deputación, ademais da iniciativa rexistrada xa no Parlamento
“Agora mesmo hai múltiples actividades inseridas nas dinámicas sociais, como festas, eventos deportivos ou mercados, que deben pagar unhas taxas excesivas para poder levalas a cabo e a gran maioría realízanse en espazos urbanos que a pesar de estaren baixo a titularidade de Portos pouco teñen que ver coa actividade portuaria” manifestou Daniel García.
En términos semellantes pronunciáronse tamén os tenentes de alcalde Francisco Xavier Fanego de Foz e Mario Pillado de Burela, que fixeron referencia ao que supoñen para as arcas municipais as actividades coma as Festas de San Lourenzo, Festas do Carmen, o desfile do Entroido, a Festa do Chícaro…entre outras, que lle supoñen ao Concello de Foz preto de 60.000€ en taxas. No caso de Burela, a cantidade a pagar por diversos eventos coma as Festas Patronais, o Festival Osa do Mar, a Feira Expomar entre outras e a ocupación de espazos coma a Oficina de Turismo ou o local dos xubilados A Moncloa, ascende a 15.000€.
O responsable comarcal Antonio Veiga incidiu tamén na situación dos concellos galegos, sometidos a un sistema de financiamento local que os discrimina negativamente e que en moitos casos están asumindo competencias impropias, competencias que tería que asumir a Xunta e que as deriva aos concellos. “Por eso a Xunta, e neste caso a Consellería do Mar, con un conselleiro mariñao que tamén foi alcalde e que polo tanto debe coñecer ben esta situación municipal, deben prestar atención aos concellos costeiros, que xa asumen tamén gastos extraordinarios sobre todo en época estival, e eximilos destas abusivas taxas que perxudican tamén ás entidades sen ánimo de lucro que dinamizan vilas e pobos” afirmou.
Estas mocións levaranse aos vindeiros plenos da Deputación e dos concellos.