En declaracións aos medios, desde a formación nacionalista, Daniel García destacou a importancia deste evento e do contido destas xornadas que son un referente para todo o sector a nivel galego e estatal, nunha comarca coma A Mariña donde a pesca ten suma importancia.
Daniel Castro incidíu na necesidade un novo estatus institucional para Galiza na UE en materia pesqueira, recoñecendo formalmente o seu carácter como “Zona Altamente Dependente da Pesca” e posibilitando a súa presenza con dereito de decisión e obxección nas institucións comunitarias donde se adoptaren decisións en materia pesqueira.
Protexer ao sector ante a ameaza de instalacións eólicas mariñas en espazos destinados á pesca
Pola súa banda, o responsable comarcal Antonio Veiga quixo recordar a postura da súa formación manifestada xa en numerosas ocasións, tanto desde as institucións coma a nivel social, coma na concentración do pasado 6 de abril convocada en Burela, donde o BNG ao igual que as confrarías galegas e do Cantábrico Noroeste rexeita a instalación de eólicos na nosa costa porque os proxectos de implantación de enerxía eólica mariña aquí non son compatibles cos usos existentes, nin coa escasa plataforma continental destas costas, que difire totalmente doutras zonas marítimas como o Mar do Norte ou o Mar Báltico.