A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e a Asociación Prato-Do poñen en marcha de novo unha campaña de colaboración con Cines Viveiro
O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreos ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local.
Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión 3 películas de animación e aventuras a elexir cada fin de semana.
O sábado 11 e domingo 12 poderán escoller entre Garfiel, Guardiana de Dragones e Kung Fu Panda.
O sábado 18 e domingo 19 poderán escoller entre Garfiel, Guardiana de Dragones e La Familia Benetón.
En aras de seguir mellorando a experiencia, poñerase en marcha a promoción unha fin de semana para Viveiro e outro fin de semana para a Mariña Occidental. Polo que haberá vales tanto para o 11 e 12 como para o 18 e 19 de maio. Na primeira fin de semana poderanse beneficiarse os nenos dos colexios de Viveiro e na seguinte fin de semana serán os nenos dos colexios da mariña occidental.
Para a primeira fin de semana os vales serán entregados nos colexios de Viveiro, CEIP de Celeiro, CEIP Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío, e na segunda fin de semana entregarémolos nos colexios de O Vicedo, Xove, Cervo e Burela, chegando así a outros colexios da comarca.
É importante recalcar que é necesario entregar o vale físico en taquilla para que se poida aplicar a promoción. Se acude un núcleo familiar e os rapaces entregan os vales, tamén se lles aplicará o desconto ó resto de membros desa familia.
Así pois, o desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com coas indicacións que figuran no propio vale. Este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa se ten sitio reservado ó chegar, aínda que no momento de entrar non exime de entregar igualmente o vale na entrada. O aforo é limitado e por iso se recomenda sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas.
O cine está en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó carón da casa.
Unha aposta por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. O éxito das pasadas convocatorias fai repetir novamente esta colaboración a 3 bandas e extendela por outras poboacións da comarca.