Site icon Crónica3.com A Mariña

Nino Fernández: “O escano do BNG defenderá os sectores produtivos cunha PAC que se adapte ás explotacións galegas”

Na Fonsagrada o deputado nacionalista defendeu a necesidade de que Galiza estea representada na Unión Europea para que se escoite a voz da gandaría e a agricultura

A Fonsagrada, 31 de maio 2024. O Bloque Nacionalista Galego na Fonsagrada realizou un acto público aberto na praza da Igrexa da localidade no que deu a coñecer as iniciativas de futuro no marco do programa electoral do BNG para as vindeiras eleccións europeas do 9 de xuño. Contou coas intervencións da portavoz municipal, Rosa Rego , a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Valcárcel e o deputado no Parlamento Galego Nino Fernández.

Nino puxo o acento na importancia de “ter voz propia” na Eurocámara. “Sen o BNG non se levan demandas propias do noso páis é asi de claro”.A gandería de leite e carne de vacún é un bo exemplo. “Só o BNG defende en Bruxelas unha política agraria xusta para as gandeiras e os gandeiros do noso país, mentres o PP e o PSOE veñen defendendo unha política agraria lesiva para Galiza”

O Bloque ten propostas de futuro e achega propostas para construír unha Galiza mellor e para defender ao noso país”, subliñou o deputado nacionalista. “Dende o Bng defendemos outra PAC, adaptada á nosa realidade que premita desenvolver todo o potencial produtivo do noso País” afondou o nacionalista.

Segundo explicou Nino Fernández, “O BNG en Europa comprométese a traballar para rematar coa discriminación que sofren as e os produtores do País na distribución das axudas europeas” e suliñou o importante papel que xoga a xente do sector para manter un rural vivo e producir alimentos de calidade . Ademais, Nino subliñou que un obxectivo inalienable do BNG é “defender os intereses do Pobo galego fronte aos lobis que buscan espoliar os nosos recursos e que os fondos europeos non se malgasten” como quere facere o PP coa macrocelulosa de Palas de Rei.

Exit mobile version