“Temos proxectos para o futuro como a adquisición dun novo tractor de desbroces e a renovación do parque infantil da Atalaia. O novo procedemento para a xestión de biomasa está operativo, e o servizo de praias ampliouse nun mes. Próximamente, licitaranse as obras do parque Pernas Peón, que contribuirán á mellora da accesibilidade e da flora deste espazo ademais dos camiños que xa foron renovados, tamén están en proceso de licitación as obras de mellora do punto limpo, a licitación dos postos da praza de abastos e a renovación do edifcio, entre outras moitas actuacións importantes”.
“Como podemos observar, o actual goberno bipartito conformado entre o BNG e o PSOE no que se estableceu un reparto de áreas, como é habitual en calquer acordo de goberno, está traballando con total normalidade, cunha coordinación clara e efectiva para o beneficio de todos os veciños e veciñas de Viveiro”.
“A pesar de que nós non asinamos ningún acordo formal con Por Viveiro, o BNG está a traballar activamente na consecución dos 15 puntos establecidos nese acordo, pois consideramos que son beneficiosos. Aínda que hai que ter en conta que levamos uns meses e ese acordo era a dous anos”.
“Desde o BNG sempre estivemos en conversas con PSOE e POR VIVEIRO para chegar a un consenso sobre os Orzamentos de 2024. Dado que a elaboración dun orzamento non é algo doado e precisa dos debidos estudos e cálculos para cadrar contas, desde o BNG fomos falando con ambas forzas PSOE e POR VIVEIRO antes, durante e unha vez finalizada a elaboración do Orzamentos continuando a día de hoxe”.
“Desde o BNG apelamos á responsabilidade da oposición pois é crucial para o concello contar con este Orzamento, xa que a situación económica actual podería comprometer cuestións de vital importancia, como o proceso de estabilización que permitirá reforzar áreas esenciais como a de obras, intervención ou contratación e incluso á tramitación de contratos de subministros e servizos para o normal funcionamento do Concello”.
“Por último, queremos expresar a nosa preocupación por un Partido Popular que promove a desinformación cun comportamento inmaduro e de confrontación, co cal impiden o debate político e prosperación de acordos. Tampouco no pleno de aprobación dos Orzamentos foron quenes, apesares de seren preguntados, de mencionar un só apartado cos que estiveran en desacordo dos Orzamentos Municipais, e aínda así, decidiron votar en contra”.
“Dende o BNG, facemos un chamamento ao Partido Popular para que reflexione sobre as súas tácticas desleais á cidadanía e adopte unha actitude máis construtiva e responsable. Instamos á oposición a desbloquear esta situación e a colaborar na resolución dos retos que temos diante”.