A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación, terá lugar o sábado 25 de maio. En xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada, o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel. As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo mr.patrimonio@gmail.com para obter a información necesaria sobre as condicións e o custe da actividade.