A competición conta con cinco tramos cronometrados, en distintos circuítos, un deles cun percorrido enteiramente urbano – que comeza a metros da Variante, nun dos puntos máis altos da vila, e que remata na Praza do Concello – e outros tres no Monte Castelo.
O deputado de Mocidade Daniel García, acompañado polo tenete alcalde de Burela Mario Pillado, mantivo este mércores un encontro cos organizadores da competición que coincidiron en valorar o percorrido urbano da proba, xa que achega esta modalidade ciclista a todos os veciños e veciñas da vila.
O responsable provincial destacou o traballo da organización para sacar adiante a proba, creando e acondicionando os distintos circuítos para a competición, e encadrou a colaboración “na aposta da Vicepresidencia da Deputación por fomentar o deporte e aproveitar as posibilidades que ofrece o ciclismo, nas diferentes modalidades, para promocionar o territorio e consolidar eventos que dinamicen economicamente e socialmente as distintas comarcas”
A competición comenzará o sábado, día 25 de maio, cos adestramentos e os primeiros remontes do circuíto urbano cronometrados. O resto das probas serán o domingo, 26 de maio, comezando a xornada ás 9.00 horas ata completar a competición de enduro, con cinco tramos. En conxunto, o campionato conta con 28 quilómetros de percorrido e 1.400 metros en desnivel.