O grupo municipal do PSdeG segue a traballar pola mellora do concello mariñano “coa mesma ilusión e ganas”, e cun “compromiso total cos nosos veciños e veciñas”, subliña a Voceira, Verónica Canoura
A nova Voceira socialista, Verónica Canoura, subliñou que os socialistas seguen a traballar pola mellora do concello mariñano “coa mesma ilusión e ganas”, e “cun cumpromiso total cos nosos veciños e veciñas”.
Precisamente, froito dese labor do PSdeG do Vicedo en favor da mellora das condicións de vida da veciñanza, dos servizos públicos e das oportunidades económicas do municipio, esta mesma semana celebrouse a primeira reunión do grupo de traballo creado grazas a unha moción defendida polos socialistas, que foi aprobada o 31 de xaneiro deste ano no Pleno, para abordar a situación e necesidades do colexio público da localidade, e para tomar medidas para manter e mellorar o funcionamento do centro educativo.