Se a ruta non ten tropezos, a Feira chegará a porto na primeira fin de semana de agosto; será a edición número trintaeoito dun evento xa clásico no verán da Mariña, que se fai forte gracias ao traballo e á unión de moita xente e ao apoio de varias institucións, tanto públicas como privadas.
BASES
1. Convócase o concurso en dúas categorías:
Categoría A: concursantes ate 14 anos (incluidos)
Categoría B: concursantes maiores de 14 anos
2. Poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior indicando no exterior a categoría na que concursan.
3. O tema debe ter – necesariamente – relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira.
4. O encabezamento do traballo será XXXVIII FEIRA DO BONITO, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración Burela 3 e 4 de agosto de 2024.
5. A técnica a empregar é libre, pero os traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son:
Cat. A: 15 X 20 cm
Cat. B: 50 x 65 cm
6. Os orixinais poden entregarse ata o día 19 de Xuño de 2024 no local social da Sociedade Cultural LEDICIA – Rua do Ril, 4 entr/baixo – 27880 – Burela: de xeito persoal os mércores entre as 20:30 h e as 22:30 h por correo, no enderezo antes reseñado se non poidese acudir ao local, entregar a algunha persoa da xunta directiva
7. Premiarase un traballo por categoría: o gañador da Categoría A para o programa de man, e o da Categoría B para o cartel anunciador da Feira.
8. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio dia da celebración, e as persoas gañadoras serán convenientemente convocadas para o acto.
9. Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia.
10. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.