A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebra un ano máis a Reunión de Primavera. Desta volta repasando o “Pasado, presente e futuro do asesoramento agrario” e rendendo homenaxe a todas aquelas persoas que dedicaron a súa vida profesional á extinta Extensión Agraria. A xuntanza será os vindeiros 24 e 25 de maio no CFEA Pedro Murias en Ribadeo. Para reservar praza e comida hai que inscribirse no correo sgpf.galicia@gmail.com.