Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz volve ser o concello da Mariña con máis bandeiras azuis nas súas praias

Foz, 7 de maio de 2024. O Concello de Foz obtivo a bandeira azul para os areais da Rapadoira, Llas, Peizás, Pölas e Areoura e repite, con cinco enseñas, como o concello da costa de Lugo con máis distintivos. A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) deu a coñecer no día de hoxe as praias distinguidas con bandeira azul para este ano 2024. En palabras do alcalde: “Estas cinco bandeiras azuis -o maior número na provincia de Lugo- é un recoñecemento á calidade dos nosos areais e aos servizos que ofrecemos. Ano a ano seguimos mellorando e este verán estreamos unha inversión de 412 mil euros realizada na praia de LLas pola Dirección Xeral de Costas do Ministerio de Transición Ecolóxica, que serviu para protexer o sistema dunar e mellorar os distintos accesos á praia. Na mesma praia de Llas, acabamos de adxudicar un contrato no que se vai a renovar completamente por 25 mil euros o parque infantil, único na contorna. E en virtude a unha subvención con fondos Next Generation imos a mellorar o posto de socorro e os aseos na praia da Rapadoira”. “Traballamos para seguir mellorando os areais, un dos nosos principais valores”.- destaca Fran Cajoto.

O alcalde informa que están pendentes de que a Xunta de Galicia concrete a financiación para o servizo de salvamento. “En base ao número de socorristas que dispoñamos poderemos izar as bandeiras conseguidas en máis ou menos praias. Poñendo sempre por diante a seguridade, é un orgullo recibir este recoñecemento ao traballo de todos”.

Exit mobile version