O artesán Oli Xiráldez será o encargado de impartir un obradoiro no que se elaborarán os maios e no que non faltará a música con cantos tradicionais nesta celebración ancestral do mundo vexetal. Ter unha boa colleita era fundamental para conservar o alimento anual.
As representantes da AFA do Cantel e a concelleira de Educación, Zoraida Coira, explican que o obxectivo desta xornada de convivencia e festa é a de compartir as tradicións e non esquecer de onde vimos, para saber o que somos.