O martes 21 de maio foron recibidas/os calurosamente por toda a comunidade educativa do CEIP Dr. Espino. O mércores 22 as delegacións foron recibidas oficialmente pola alcaldesa da Villa de Ingenio, Vanesa Martín, e outras autoridades locais. Trala recepción oficial, continuaron os obradoiros no centro, pechando a xornada cunha visita ás Palmas de Gran Canaria (Vegueta – Triana – Las Canteras). O xoves 23 a loita canaria foi a gran protagonista xa que os catro centros participaron pola mañá nunha animada sesión deportiva que lle encantou a todas as personas asistentes. Pola tarde visitaron a zona sur da illa. O venres 24 realizaron varios obradoiros de radio, xornal escolar e xadrez.
Este programa de Agrupacións Escolares desenvolveuse ao longo dos cursos 2022/23 e 2023/24 seguindo varias liñas de traballo: creación de novos espazos educativos (aula ou espazos do futuro), TIC e metodoloxías activas, educación inclusiva, dinamización de recreos (inclusivos), a biblioteca como núcleo vertebrador de proxectos, educación emocional, horta escolar, laboratorio e robótica. Incluiu durante este tempo actividades como intercambio de postais de Nadal ou de presentacións para dar a coñecer o máis destacado de cada localidade, un banco de sementes, dossiers sobre xogos tradicionais, programas de radio, xornal escolar, booktubers, técnicas audiovisuais con croma, actividades de programación e pensamiento computacional, entre moitas outras.
Sen dúbida, a mobilidade entre os centros foi o máis destacado e enriquecedor deste proxecto. En outubro de 2022 desenvolveuse o primeiro encontro de profesorado no centro de Cervo. En abril de 2023 Cartaxena convertíase en punto de encontro. Badaxoz foi a sede do encontro dos centros en marzo deste 2024, pechándose a experiencia agora en maio na Villa de Ingenio cun balance moi positivo tanto do profesorado como do alumnado.