Mondoñedo, 14 Maio, 2024. Os equipos de emerxencias recuperaron o corpo sen vida do implicado e os bombeiros colaboraron para estabilizar a máquina, que acabou situada nunha posición complicada.
Dez minutos antes das 16:20 horas, un particular contactou co 112 Galicia e relatou o suceso, rexistrado nunha canteira da parroquia de Vilamor. Desde un principio apuntaba xa á posibilidade de que o traballador estivese falecido.
Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Mondoñedo.
Cando chegou ao lugar, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do home.