Site icon Crónica3.com A Mariña

Falando de Paxaros presentará as súas actividades de ecoturismo en Ribadeo ás empresas asociadas a Acisa

Ribadeo, 18 de maio de 2024. O próximo 27 de maio a empresa Falando de Paxaros presentará as súas actividades de ecoturismo en Ribadeo ás empresas asociadas a Acisa.

Será no parque do Forte de San Damián a partir das sete da tarde. A duración da actividade será dunha hora.

Desde a directiva de Acisa explican que “esta actividad la llevamos a cabo con los amigos Guillermo y Lydia, de Hablando con Pájaros, que quieren compartir con Acisa y sus asociados y asociadas, una experiencia que consiste en dar un pequeño paseo, para ver y oír las aves de nuestro entorno y así poder identificarlas”.

E engaden: “las personas interesadas en obtener más información pueden dirigirse a www.hablandodepajaros.es”. A actividade programada para o 27 de maio por esta empresa en colaboración con Acisa é de balde.

A directiva de Acisa sinala que “nos parece interesante este contacto con la naturaleza. Es importante de vez en cuando pararse y escuchar todo aquello que tenemos a nuestro alrededor y que nos pasa totalmente desapercibido”.

Para a Asociación de Ribadeo “es importante que hosteleros y comerciantes conozcan que se ofrecen estos servicios por parte de otros asociados, y así poder ofrecer esta información a vecinos y visitantes”.

Día da nai

Acisa Ribadeo amplía ata o 24 de maio o prazo para recoller os premios sorteados na súa campaña do Día da Nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre burbullas, que inclúe o aloxamento dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 300 estancias. Os números agraciados foron o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e o 6.113, en Kids&Us. Desde a directiva de Acisa destacan que “si finalmente no aparecen las personas agraciadas con estos premios se sortearán en futuras campañas porque no queremos que ningún regalo quede sin entregar”.

Exit mobile version