“A Policía Local está xa traballando para buscar as mellores alternativas e así causar o menor impacto posible”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey
Trátase dunha actuación de urxencia para arranxar un socavón presente debaixo da estrada antes da celebración das festas patronais do municipio.
A partir do propio mércores estará pechada a circulación na rúa, posto que haberá un corte antes da ponte da rúa Eijo Garay.
“Non podemos facer agora mesmo unha estimación de cantos días exactamente estará pechada ao tráfico a rúa, pero agardamos que sexan os menos posibles”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.
O edil sinala que “a Policía Local está xa traballando para buscar as mellores alternativas e así causar o menor impacto posible”. “Dende o Concello lamentamos as molestias que esta situación poida ocasionar”, conclúe Fernández Rey.