Segundo comenta Eduardo Chao, representante da comisión organizadora, convida a veciños e visitantes a que se acheguen a esta parroquia do Valadouro na que preto dun castiñeiro se celebrarán unha serie de eventos como a mexilonada e a torreznada popular amenizadas polos dúo Eclipse e a Discoteca mobil Conxuro.
Poderán participar na degustación a un módico prezo de 10 euros a partires das 22:30h. do venres, 10 de maio.
Xa no día grande, o sábado 11 con misa (13:00h.), procesión, sesión vermú e noite con Alma Latina e Conxuro DJ.
Rematarán estas festas o domingo 12 con misa e procesión a partir das 13:00h. Sesión vermú cun grupo de música tradicional (promovido pola área de cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo) e o dúo Estrellas.
Contarase con cantina, para non pasar sede, a prezos moi populares preto do gran castiñeiro ó pé da escola de SanTa Cruz.