Site icon Crónica3.com A Mariña

Elena Candia: “Gracias ao PP conseguiuse flexibilizar a PAC, reducir esixencias do Pacto Verde e que a Comisión Europea se posicione para rebaixar a protección do lobo”

O PP lucense convida a participar na cita electoral do vindeiro 9 de xuño e pedir o voto para o Partido Popular “para garantir que a voz dos gandeiros lucenses teña peso en Europa”

Vilalba, 29 de maio de 2024. “Gracias ao PP conseguiuse flexibilizar a PAC, reducir a burocracia, dar marcha atrás a algúns dos excesos do Pacto Verde e que a Comisión Europea se posicionara para rebaixar o nivel de protección do lobo”, destacou a presidenta do PP lucense, Elena Candia, tras analizar a repercusión para os lucenses da actividade do Partido Popular en Europa da man do candidato Francisco Millán Mon nunha reunión en Vilalba xunto á presidenta local, Sandra Vázquez, alcaldes, portavoces e concelleiros da comarca da Terra Chá.

“O Partido Popular sempre apoiou en Europa as demandas dos agricultores e gandeiros lucenses” e “este é un bo exemplo de que é preciso ter aliados do sentido común en Europa coma o Grupo Popular Europeo, que foi o que propuxo flexibilizar os criterios da PAC, e no que Millán Mon é unha figura destacada”, engadiu. É por iso polo que os populares convidan a apoiar ao PP o vindeiro 9 de xuño para “garantir que a voz dos gandeiros lucenses teña peso en Europa” á vista de que “a candidata do PSOE, Teresa Ribera, é a máis ecoloxista dos socialistas e a do BNG, Ana Miranda, é aliada dos verdes”.

Millán Mon explicou que “PSOE e BNG votaron en contra de buscar o equilibro entre o lobo e o sector agrogandeiro”, mentres que “o Partido Popular defende as demandas dos agricultores e gandeiros”. De feito, “conseguimos o fin de barbeito, a rotación de cultivos e o caderno dixital obrigatorios”. E tamén “votamos en contra dunha estratexia coa que se pretendía reducir o uso de pesticidas, fertilizantes e antimicrobianos no horizonte do 2030 porque “suporía un incremento dos costes de produción e dos prezos dos alimentos”.

Os populares inciden en que “esta é a política do Goberno de España e os socialistas e verdes europeos que impuxeron esixencias medioambientais adicionais”.

MÁIS ATENCIÓN AO SECTOR PRIMARIO

Francisco Millán Mon subliñou que, precisamente, “unhas das prioridades de Galicia no ámbito da UE son a agricultura ou o comercio internacional; ademais do transporte e infraestruturas, industria, fondos europeos e pesca”. E defendeu que “Europa ten que prestar máis atención ao sector primario e facer fronte ao cambio climático, pero con sentido común e sen que prevaleza a visión medioambientalista que ignore as dimensións económica e social”.

Exit mobile version