Site icon Crónica3.com A Mariña

Desmantelada unha plantación de marihuana instalada no baixo cuberta dunha vivenda de Xove

O espazo contaba con sofisticados medios técnicos, como un sistema de climatización, control de temperatura ambiente, extracción de cheiros e control de pragas

binary comment

Xove, 14 de maio de 2024. A Garda Civil, no marco da operación “Farallons” detivo a un veciño de Xove, de 47 anos de idade como suposto autor dun delito contra a saúde publica na súa modalidade de tráfico de drogas e un delito de defraudación de fluído eléctrico.

A operación iníciase en pasado mes de decembro no marco dos servizos que a Garda Civil vén desenvolvendo para combater o cultivo e tráfico de substancias estupefacientes na provincia de Lugo ao longo do ano, establecendo un amplo dispositivo de prevención realizando vixilancias e incrementando os servizos a fin de evitar a comisión deste tipo de feitos delituosos.

Intervéñense nesta operación 4.350 gramos distribuídos en tarros de cristal e en dispositivos de secado para presuntamente a súa distribución e venda, útiles para o seu cultivo, pesada e tratamento, así como 7 quilogramos de plantas na última fase antes de ser recollidas.

A operación policial dáse por finalizada, sendo posto o detido a disposición xudicial.

Exit mobile version