Site icon Crónica3.com A Mariña

“Dende Chavín pra o mundo”, por José Aguirre Vigo

Estase a erguer un aparello duns 40 metros de alto pra dar cobertura as novas tecno-
loxías na parroquia de Chavín concello de Viveiro, no antigo campo de futbol a orillas do río Landro a caron das antigas fábricas Barro-Chavín, moi perto do nucleo rural mais grande da parroquia, do castro de Lourido e do Souto da Retorta, a todo isto engadir, que este emplazamento escollido para tal aparello está mesmo no punto máis baixo deste val, por certo pouco por riba da Cota 0, cercado por distintos montes que dan orixe a tal val.

Pra poder executar este proxecto, disque conta con todo-los permisos esixidos polas distintas administracións afectadas, cos parabens das autoridades sanitarias e incluso avalada cunha sentencia xudicial en favor da sua instalación, e co único rexeitamento por parte dalgunha veciñanza manifestada no seu día, sin éxito ningún.

Por outro lado un fai memoria e exame de conciencia habendo xa algúns precedentes recentes nesta mesma parroquia os cales seguen en pé, e un preguntase, pra unhas cousas tanta dilixencia e pra outras ningunha. Isto ven a conto de que si nesta mesma zona, se pretende facer calquer proxecto ou actividade por parte dunha persoa ou colectivo, todo son trabas; dende facer ou arranxar unha vivenda, garaxe, pendello ou valado; cortar unha árbore por seguridade ou non; mesmo que facer unha festa con tradición popular ou sin ela. Pra todo isto e pra máis cousas, que si solo rústico ou non urbanizable Concello, Catastro, Rexistro da Propiedade e a APLU, que si camiño ou estradas Xunta e Deputación, que si zona inundable, filtracions ou nivel freatico do río Augas de Galicia, Rede Natura e Medio Ambiente, que si pedra, cruceiro ou castro Patrimonio e se é preciso o Clero.

Algunhas Veciñas/Veciños nos que me inclúo, nos preguntamos o por qué e os intere- ses desa ubicación en concreto, habendo sitios de sobra máis razoables pra facelo sin ter que poñelo ahí no medio dun núcleo de poboación, sería bó aclaralo, pra evitar entre outras cousas malos pensamentos, do tipo e “os mesmos xa chuparon máis axudas públicas e acabaron pechando” ou “ faise polos postos de traballo” ou tamén “síntoo trabuqueime, non voltará a pasar”. E vaia por diante que eu, nin creo que a veciñanza, sexamos quen de estar na contra do desenvolvemento rural que tanto vota- mos en falta na nosa parroquia de Chavín. Ben seguro que nos gustaría ter arranxados camiños e cunetas, estradas cas súas beirarruas, un transporte público e regular de persoas, unha boa iluminación pública, unha boa rede de auga e saneamento, unha recollida de lixo máis regular e eficiente, locais e sitios de lecer con actividades e ben acondicionados pra nenos e maiores, e sobor todo AXUDA en todo-los ambitos, iso é o que precisamos os valentes que queremos estar no RURAL, ese RURAL que tanto últimamente enche a boca a uns e outros, pero que en realidade ben pouco ou nada se fai por él, a vista está con esta e outras lindezas, por certo o do Feismo aquí non conta, que se fixeron e permiten na nosa contorna o amparo de distintas institucións ainda que sexa cunha relativa ou dubidosa legalidade, por non decir ningunha. E a pesares de todo isto somos quen de cumprir con tódalas nosas obrigas, e non son poucas, a cambio de escasos dereitos que nin eses nos prestan, ainda que sexan por interés e aclamación da cidadanía, eso sí, o dereito a pateleta non no la quita ninguen, al menos mentres non pechemolos ollos e ainda despois, confío en que alguén quedará pra lembralo e restregarllo nos fuciños a quen lle toque como parte do noso pasado, a sabendas de que non sirva de nada.

Por último lembrarlle a alguns persoeiros e eminencias de distintas institucións públi- cas e privadas, que ainda que sexamos do rural, da aldea como me gusta decir a min, e algúns teñamos as nosas eivas, non somos parvos, e si chove e que chove, non sendo outra cousa por moito que vostedes se empeñen.

Veciño afectado de CHAVÍN entre outros.

P.D.: Cecais na Praza Maior de Viveiro, perto da Porta de Carlos V e a caron de Pastor Diaz, tampouco sería mal sitio pra ubicación de tal aparello, ainda que non faltaría quen dixera “ iso quedalle como poñerlle unha espindarga a un santo”

Exit mobile version