Ribadeo, 24 de maio de 2024. O alcalde, Dani Vega, asistiu esta mañá no centro Pedro Murias ao inicio das Xornadas Pasado, Presente e Futuro do Asesoramento, Homenaxe a Extensión Agraria, que organizou a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes. O rexedor aludiu ao traballo feito polas oficinas de Extensión Agraria e á importancia que tiveron no crecemento do sector gandeiro.
Vega contou que “participamos no acto que se celebrou en Pedro Murias en homenaxe ás extensións agrarias. Hai que facer un recoñecemento a todo ese traballo, a todo ese asesoramento técnico que se fixo durante un período e séguese facendo. O gran impulso das extensións agrarias foi o crecemento dun sector, un sector gandeiro que estaba en período de profesionalización e agora temos que destacar que contamos cun sector con gran fortaleza, con unha presenza económica importante e que deixa un impacto económico no noso concello tamén relevante e, polo tanto, seguir apoiando a un sector, seguir colaborando tamén con as extensións agrarias”.
O alcalde tamén se referiu ao centro Pedro Murias: “Pedro Murias, que sigue con esa vocación clara da formación que vai unido á profesionalización. E, dende logo, desde o Concello de Ribadeo vamos seguir colaborando. Xa o dixemos fai uns poucos días que vamos a renovar ese padroado para que as dúas administracións, Xunta e Concello, sigan con esa vocación clara de formación e de estar permanentemente pegados á realidade dun sector que sigue crecendo e sigue con gran fortaleza. E, dende logo, nosoutros vamos seguir apoiando ao sector gandeiro desde un punto de vista lácteo, cárnico e a produción agrícola, con ese mercado dos domingos, tamén potenciando a educación e o acercamento de moitos alumnos aos produtos de proximidade que estamos desenvolvendo nestes momentos nos centros educativos. E con este traballo, con esta dedicación, eu creo que hai un sector con moita forza”.
E engadiu: “recoñecemento a todos os técnicos de extensión agraria que fixeron un papel fundamental, segueno facendo e queda moito traballo aí da por facer”.