Site icon Crónica3.com A Mariña

Cultura de Mondoñedo programa un concerto con poemas en galego de García Lorca para este venres, 17 de maio, coincidindo coas Letras Galegas

Mondoñedo, 13 de maio, 2024. Esta luns foi presentado un concerto homenaxe a García Lorca que terá lugar este venres, 17 de maio, no auditorio municipal “Pascual Veiga” de Mondoñedo, ás 20,30 horas. Na presentación participaron o impulsor deste proxecto, Rafa Fernández, e o concelleiro de Cultura, Alberto García.

“SEIS”

Seis foron os poemas que Ferderico García Lorca fixo en Galego, e “SEIS” é o nome deste proxecto que pretende homenaxear este fito da literatura tamén en Galicia; que o mellor poeta contemporáneo e un dos mais grande poetas da lingua castelá de todos os tempos, escollese o idioma galego para facer a única incursión poética nunha lingua allea, nun tempo no que o galego provocaba indiferenza no mellor dos casos. “SEIS” é un proxecto audiovisual onde ,música en directo composta para a ocasión de carácter ambiental con guitarra eléctrica e videocreación en vivo, crearán una atmosfera onírica e suxerente mentres a obra de Lorca é recitada. De este xeito música e imaxe acompañarán a palabra do poeta, ofrecendo ó espectador un achegamento diferente a esta xoia da literatura. A autoría deste proxecto recae no músico Rafa Fernández, que xa ten experiencia neste tipo de proxectos no que se utiliza o audiovisual como marco para a obra de figuras do eido cultural galego, como foron Álvaro Cunqueiro en “MÚSICA PARA MIL PRIMAVERAS” ou o fotógrafo galego José Suárez en “JOSÉ SUÁREZ, SUITE PARA UNHA VIDA”

ARA DOPAZO

Lara Dopazo Ruibal (Marín, 1985) é licenciada en Xornalismo especializada en Cooperación Internacional e Filosofía Práctica. Como poeta publicou Os lobos na casa de Esaú (Chan da Pólvora, 2017), claus e o alacrán (Espiral Maior, 2018) e ovella, poemario co que gañou o Certame Francisco Añón. É coautora e coeditora de “A través das marxes: Entrelazando feminismos, ruralidades e comúns” (Bartlebooth, 2018). A súa última obra publicada é a colección de contos “O axolote e outros contos de bestas e auga “(Galaxia 2020).
Foi artista residente na Real Academia de España en Roma no ano 2019. Na actualidade vive en Iowa, Estados Unidos, becada no master de Escritura Creativa.

RAFA FERNÁNDEZ

Rafa Fernández (Noia 1983) é un guitarrista noiés afincado en Santiago de Compostela. Realiza a súa formación musical na USC,Escola Estudio,Escola Drops, Semirario Permanente de Jazz de Pontevedra e o conservatorio “Presto Vivace” así como numeroros cursos e seminarios tanto nacionais como internacionais.
Entre os seus traballos discográficos destacan a publicación en 2013 do seu albúm debut “RAFA FERNÁNDEZ QUINTETO” seguidos de“A CARA BONITA DA PEDRA” (2017) e “ALDÁN (2021).
Nos últimos anos centra a súa producción artística na música ambiental, a cal lle serve de base a través da cal desenrola proxectos como “ECCOS” para o ciclo da USC “de lugares e órganos”, “MÚSICA PARA MIL PRIMAVERAS” para o Concello de Mondoñedo sobre a propia vila e a figura de Álvaro Cunqueiro,“SUÁREZ, suite para una vida” sobre o fotógrafo galego José Suárez e un longo etc…

VIRXILIO DA SILVA

Virxilio da Silva, compositor e guitarrista, nace en Portonovo en 1984. Comeza a súa formación musical estudando piano e solfexo na Escola Municipal de Música “Bernardo del Río” de Vilagarcía de Arousa.
No ano 2000 ingresa no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra. A súa formación jazzística xira ao redor do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. En 2010 obtén a Licenciatura en Jazz na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo), dependente do Instituto Politécnico do Porto.En 2015 remata o mestrado dentro do programa EUJAM (European Jazz Master) no Conservatorium van Amsterdam, o Conservatoire National Supérieur de Musique et Dance de Paris e o Eytmisk Musikkonservatorium (Rhythmic Music Conservatory) de Copenhage (Dinamarca). Ademáis dunha dilatada carreira no Jazz,lidera dende 2016 a banda JUZZ, coa que edita o primeiro disco en 2018. Combina esta actividade, coliderando outros proxectos como Fuzzo, Loiros e The Manueles e que mostran a variedade estilística na que Virxilio se sinte especialmente cómodo.

ADRIANA PÁRAMO PÉREZ

Adriana Páramo Pérez (Vigo 1985) é licenciada en comunicación audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, e cursa un master en dirección de cine na escola de cine de Londres, London Film School.
Como directora conta con dúas curtametraxes de ficción premiadas en festivais; Galicia. Portobello Road (2014) e Illa Pedra (2010), que se convertiu na primeira curta en galego con audiodescrición para invidentes. Xunto coa poeta Lara Dopazo crea dous videopoemas adaptando as súas obras; A necesidade do outro (2011) e ovella (2017).
O seu último traballo é a curta documental Anatomía dunha serea, agora en festivais.
Tras pasar unha tempada rodando en Marrocos, Italia ou Polonia como operadora de cámara, de volta en Londres establecese na área de producción. Durante máis de cinco anos coordina rodaxes para multinacionais como Unilever ou HSBC e con xogadores como Messi ou Beckham para a app de fútbol OTRO.
Tamén funda en Londres o Galician Film Forum (2015), unha organización que exhibe cinema galego no Reino Unido.
Na actualidade vive entre Galicia e Londres, combinando proxectos de cinema independente co desenrolo do seu doutoramento en cine documental e xénero na Universidade Royal Holloway de Londres.

Exit mobile version