Os traballos premiados neste concurso participarán na fase provincial do mesmo, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.
Poderán participar todos os nenos e nenas de ata 16 anos, establecéndose tres categorías por idade: a categoría A ata 8 anos, a categoría B de 9 a 11 anos e a categoría C de 12 a 16 anos.
O prazo de presentación dos traballos rematará o día 16 de maio, data a partir da cal o xurado premiará un máximo de 3 traballos por categoría.
Cada neno ou nena deberá presentar, ben relatos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara sobre o tema “Ler para pensar, pensar para ser libres”, ben debuxos tamaño DIN A4 sobre o mesmo tema. Poderanse presentar varios por persoa.
Cada traballo acompañarase dunha folla co nome e demais datos do autor ou autora en letra maiúscula. As narracións poderán ser feitas co ordenador, mecanografadas, ou feitas a man, pero neste caso sempre con bolígrafo e non con lapis.
As obras deberán ser entregadas na Biblioteca Municipal, pasando a ser propiedade da mesma, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.