“Con este Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro
As obras, coa colaboración da Deputación de Lugo, contan cun orzamento de 131.000 euros e o proxecto inicial foi readaptado para habilitar un espazo más seguro e apto para esta modalidade deportiva.
A construción desta pista permitirá á veciñanza dispor dunha nova área de lecer na vila coas medidas de seguridade e técnicas que exixe un espazo destas características, dotado ademais de ramplas con diferentes niveis, obstáculos e distintos elementos patinables.
“Coa construción deste Skatepark damos resposta a un espazo moi demandado polos veciños e veciñas de Viveiro”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
“Para poder levar a cabo esta pista e os cambios sobre o proxecto inicial foi necesario falar con monitores de skate sobre os elementos que precisaría unha área destas características, con técnicos municipais e con arquitectos expertos na elaboración deste tipo de proxectos”, engade Loureiro.