“A industria do tabaco ve como descenden ás súas ganancias debido a caída en picado da venda dos cigarros convencionais. Para paliar isto, lanza novos produtos e mediante diferentes tácticas intentan inculcar á sociedade coa percepción errónea de baixo risco para a saúde destes novos dispositivos, os famosos vapers, por exemplo. A última enquisa ESTUDES 2023 publica que os menores de entre 14 e 18 anos xa probaron en algún momento estes produtos”, son palabras de Noa Rey Torres, farmacéutica, especialista en tabaquismo e secretaria da Sociedade Española de Especialistas en Tabaquismo, que estará o vindeiro xoves, 30 de maio, ás 20:00 horas no Centro Social (ao lado do Concello) para informar a familias e calquera persoa interesada neste tema.
A entrada a esta charla é de balde. Leva por título: Vapers e outras formas de fumar: novos dispositivos para un mesmo perigo. A actividade está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia, a través do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ás oficinas dos Servizos Sociais (Auditorio) ou aos teléfonos 982 120 808 ou 604038671. Tamén no Facebook e Instagram de AdiccionsZeroRibadeo ou por mail a drogodependencias@ribadeo.gal