Site icon Crónica3.com A Mariña

Chamamento á paz

A Plataforma pola paz da Mariña lucense e occidente asturiano ten remitido unha carta a todos os centros educativos de dita comarca, facendo un chamamento para que se fomente neles a reflexión entre o profesorado e o alumnado “sobre as graves violacións dos Dereitos Humanos que ocasionan as guerras que estamos sufrindo a nivel mundial e especialmente a día de hoxe o xenocidio que sufre o pobo de Gaza, sen precedentes dende a Segunda Guerra Mundial”. Tamén ofreceu a súa colaboración para levar adiante os actos que se pretenda realizar, na forma que cada centro considere conveniente.

Exit mobile version