A cita está organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello
Cervo, 6 de maio. 2024. O pavillón de San Román acollerá o próximo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas, a I Xuntanza Espallando Letras, organizada pola asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras e a asociación de veciños de San Román de Vilaestrofe, coa colaboración do Concello de Cervo.
O encontro terá lugar a partir das 18:30 horas e contará coa participación dos Acordeonistas da Mariña, a S.C.R. Ledicia de Burela, e os grupos locais Cordenaia e Fol do Raxal.
Ademais haberá racións de pan, touciño, chourizo e bebida, a prezos populares durante a tarde.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por representantes das asociacións organizadoras ante a Casa do Concello. A alcaldesa quixo darlle os parabéns tanto ás Espalladoras como á asociación de veciños de San Román pola iniciativa para conmemorar un día tan marcado nas nosas letras, como é o 17 de maio, e animou a veciños e visitantes a participar nesta I Xuntanza, que congregará a diferentes grupos tradicionais referentes na bisbarra “como homenaxe á nosas letras, nesta data tan marcada no calendario galego”.
Desde o Concello –engadiu- como non podía ser doutro xeito colaboramos en todo canto está na nosa man para facilitar a celebración deste Encontro que tamén contribúe a dinamizar as nosas zonas rurais.