Cervo, 15 de maio, 2024. Bautizada como Photo Xuntanza, trátase dunha exposición colectiva na que participan catro asociacións e o recoñecido fotógrafo Vicente Ansola
A inauguración está prevista para este próximo domingo 19 de maio ás 18:30 horas na sala das Caraboeiras, en Sargadelos
Como actividade complementaria da man da asociación Os Negativos de Viveiro, vaise impartir un curso gratuíto de fotografía o 25 de maio e o 1 de xuño, en horario de tarde
As persoas interesadas poden recibir máis información e inscribirse neste taller nos teléfonos 649 03 73 00 (Ocaña) ou 647 56 83 83 (Paco)
Na mostra colectiva participan:
-Fotonavia é unha asociación creada en Navia (Asturias)
-Os Potiños é un grupo de Carballiño (Ourense)
-Grupo Asemeya de Xixón (Asturias)
-Asociación Os Negativos de Viveiro (Lugo)
-Vicente Ansola, como convidado especial. O prestixioso fotógrafo cántabro posúe varios premios de carácter internacional.
Un conxunto de 70 fotos forman esta mostra de temática e técnica e moi variada que non deixará indiferente a ninguén.