Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro: “O PP non permitirá que Sánchez e o seu Goberno condenen a Galicia a ser unha illa enerxética”

O senador lucense condena a “falta de voluntad” do Goberno de España por defender a inclusión do tramo Guitiriz-Zamora entre os proxectos de interese comunitario, converténdoo no único proxecto español excluído da última convocatoria

Madrid, 7 de maio de 2024. O senador do Grupo Parlamentario Popular por Lugo, José Manuel Balseiro, deixou claro na que foi a súa primeira intervención no Pleno da Cámara Alta que o Partido Popular non permitirá que Sánchez e o seu Goberno condenen a Galicia a ser unha illa enerxética.

Balseiro dirixiuse á vicepresidenta terceira e ministra de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, Teresa Ribeira, para preguntarlle que medidas pensa adoptar o seu Goberno para corrixir o seu erro e evitar que Galicia quede fose do corredor de hidróxeno verde; despois de que o tramo Guitiriz-Zamora converteuse no único proxecto español excluído da última convocatoria de iniciativas de interese comunitario e, en consecuencia, perdese a oportunidade de financiamento con fondos europeos.

O senador lucense recriminou a Ribeira que “no se ciña a lo que se le pregunta”. Coa sua resposta, “no sabría decirle a los gallegos que es lo que está haciendo el Gobierno de España” en relación a este asunto. Sen valorar a acción do Goberno noutros territorios, Balseiro explicou que “la acción de Gobierno en Galicia, en esta materia, no es que estuviera mal, estuvo muy muy mal” porque “el único proyecto que ha quedado fuera de fondos europeos ha sido el de Galicia”.

O popular lembrou que “hay empresas esperando por este proyecto en Arteixo, As Pontes o Cerceda”. Por ello, ha pedido a Ribera que se comprometa, si el proyecto queda fuera en futuras convocatorias y no obtiene fondos europeos, a que lo financie el Gobierno de España”.

Exit mobile version